10 de abril de 2012

¡Primer evento!

SEC. 2 VIGO/TRINCHEIRA                                       INT./SERÁN
 
Catarsis ten o pracer de invitarvos ó primeiro evento trala volta á actividade de esta a nosa asociación.  Vilamor, a nova  película de Ignacio Vilar, se estreará en Vigo este xoves 12. Con este motivo, Vía Láctea Filmes (a productora de Pradolongo, anterior filme de Vilar), encargounos a organización da súa presentación.

O evento terá lugar mañá mércores no bar Trincheira, na rúa Irmandiños número 15, en Vigo, ás sete da tarde. O lugar escollido para a presentación é o mesmo onde celebramos a estrea da nosa primeira curtametraxe, Para sempre,  fai xa tres anos. Unha vez máis queremos dar as grazas a Dani por cedernos o espazo para o evento.

Mañá contaremos coa presenza do director do filme para falarnos do proceso creativo dunha película. Así mesmo, os actores Rubén Ríos, Sabela Arán e Xoel Yáñez nos contarán a súa experiencia durante a rodaxe.

¡Esperamos veros a todos alí celebrando o retorno de Catarsis e apoiando o audiovisual galego!


PD: pincha aquí para ver o evento de facebook.

Trailer de Pradolongo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario